Nunc et semper
Nunc et semper é unha locución latina que significa literalmente "agora e sempre". Dise frecuentemente ao final das oracións litúrxicas cando se nomea a deus, "gloria agora e sempre, polos séculos dos séculos".
Esta locución latina forma parte dunha doxoloxía que se emprega frecuentemente ao final das oracións litúrxicas, cando se nomea a Deus: o Gloria Patri, chamado así polas súas dúas primeiras palabras en latín. O texto completo en latín é: Gloria Patri, et Filio, et Spiritui Sancto. Sicut erat in principio, et nunc et semper, et in saecula saeculorum. Amen. En grego: Δόξα Πατρὶ καὶ Υἱῷ καὶ Ἁγίῳ Πνεύματι ,καὶ νῦν καὶ ἀεὶ καὶ εἰς τοὺς αἰῶνας τῶν αἰώνων. Ἀμήν. En galego: "Gloria ao pai, ao fillo e ao Espírito Santo, agora e sempre, polos séculos dos séculos. Amén".
Unha doxoloxía é un breve himno de loanza a Deus en varios cultos cristiáns de adoración. Acostuma ser unha expresión de loanza cantada á santísima Trindade, ao Pai, ao Fillo e ao Espírito Santo (doxoloxía trinitaria). Empréganse nas pregarias eucarísticas, na liturxia das horas, himnos e diversas devocións católicas como novenas e rosarios.
A parte diso este latinismo adquire outro significado empregado moi a miúdo cando nos queremos referir a algo que ten que ser así agora e sempre.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Recompilación de usos na prensa escritaArquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine.